Mostra de Bioconstrucción, Enerxías Renovables e Ecoloxía
ALTERNALIA 2008 - Moaña 9, 10 e 11 de maio 2008
ALBUM DE FOTOS DE PERMACULTURAGALIZA EN ALTERNALIA 2008
Ao longo da fin de semana, o stand de PermaCultura na Galiza converteuse nun referente
no canto da promoción da sustentabilidade na bio-construcción e na promoción das boas
prácticas na nosa vida cotiá, a promoción da PermaCultura como filosofía de vida.
Obradoiros de aproveitamento do aceite vexetal reciclado como combustible e para facer
xabrón, auto-construcción con balas de palla revocadas con adobe, actividades de
sensibilización respecto da implantación de cultivos transxénicos na Galiza, difusión de
materiais bibliográficos, vídeos, mesmo regalo de plantas e sementes para continuar plantando
soños; foron todas elas accións decididas para a aposta firme da PermaCultura como
alternativa para acadar unha Galiza máis sustentábel.
O Decrecemento Sustentábel e a recuperación da sabedoría dos pobos orixinarios, foron
al alternativas que se apresentaron na charla que ofreceu Antonio Palma, onde se invitou
ás persoas participantes a que se convertan en "Guerreros del Arco Iris" para loitar por
un futuro sutentábel para as vindeiras xeracións.
Centos de persoas achegáronse ao stand ao longo da fin de semana, para aprender das
alternativas amosadas e disfrutar coas actividades e materais expostos.
Un bo escenario que se conforma como consolidado para as próximas edicións da feira
Alternalia. Compre felicitar aos organizadores por a celebración deste evento.
Mesmo persoeiros da realidade política de Galiza, tomaron interés por a PermaCultura.
Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego), Manuel Tomé (alcade de Porto do Son) e Daniel Rodas
(Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Moaña), falan animadamente no stand de PermaCultura na Galiza.
NOTA DE PRENSA ALTERNALIA 2008 >>> nota de prensa moaña.pdf
CARTEL PERMACULTURA NA GALIZA, ALTERNALIA 2008 >>> RPI 2008 alternalia.pdf
Documento lido na conferencia de Antonio Palma:
"LOS GUERREROS DEL ARCO IRIS" >>> los guerreros del arco iris.doc
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.